María de Valdés e Carla Goyanes co Equipo Nacional en Yamaguchi

As nadadoras María de Valdés Álvarez do C.N. Liceo e Carla Goyanes García do C. N. Galaico e bolseira do CGTD, van a participar nunha concentración preparatoria co Equipo Nacional Absoluto de Augas Abertas que terá lugar en Yamaguchi (JPN) do 28 de novembro ao 14 de decembro.