Xornada 2 do LXII Cto de España de Natación Absoluto de Inverno

Na segunda xornada do Cto. de España Absoluto que se disputa en Barcelona até o domingo, destacan as finais B acadadas por María Vilas e Daniel Sánchez.

María, no seu regreso a Galicia, agora como nadadora do C. N. Galaico, acadou o terceiro posto na final B de 400 estilos con 4:51.98, amosando o bo camiño na sua recuperación.

Daniel Sánchez Louzán do C. N. Galaico acadou o cuarto posto na final B de 50 costas cun tempo de 24.89.

Tamén destacou o nadador galego Sergio Campos Varela, desde esta tempada como nadador do C. N. Santa Olaya, acadando dúas finais A en 100 libre e 50 costas.

Ler máis.