María de Valdés, Ane de la Fuente e Carla Goyanes en Abu Dhabi

As nadadoras do C. N. Liceo María de Valdés Álvarez e Ane de la Fuente Fiaño xunto con Carla Goyanes García do C. N. Galaico e bolseira do CGTD, están convocadas co equipo nacional absoluto de Augas Abertas para participar ma 8ª etapa do FINA Marathon Swim World Series que se disputa en Abu Dhabi o vindeiro día 9 sobre unha distancia de 10 km.

A esta competición tamén está convocado Fernando Zarzosa, adestrador do CGTD como integrante do cadro técnico.