Andrea Domínguez, Paula Otero, Pablo Galán e Pablo Cabana co equipo nacional no CAR de Sant Cugat

Do 28 de outubro ao 4 de novembro vai ter lugar unha dobre concentración no CAR de Sant Cugat nas que están convocados varios nadadores galegos bolseiros do CGTD.

Por unha banda, Andrea Domínguez Casabella e Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas, participan na concentración co equipo nacional júnior e infantil de augas abertas. Ademais, Paula Otero Fernández do C. N. Liceo e Pablo Galán Vicente do C. del Mar participarán co equipo nacional de natación júnior e infantil ESP-2024.

A esta actividade está convocada como integrante do cadro técnico, Luisa Domínguez, adestradora do CGTD.