Maria de Valdés, Ane de la Fuente e Gaspar Andrade en Sierra Nevada

Os nadadores do C. N. Liceo María de Valdés Álvarez, Ane de la Fuente Fiaño e Gaspar Andrade Budiño están convocados para participar co Equipo Nacional absoluto e júnior-2 de Augas Abertas nunha concentración de preparación en altura do 19 de outubro ao 10 de novembro no C.A.R de Sierra Nevada.

A esta actividade tamén está convocado como integrante do cadro técnico, Jesús de la Fuente, adestrador do C. N. Liceo.