Distincións na Gala da Natación Española

O venres terá lugar en Madrid a IX Gala da Natación Española na que se premian os méritos a persoas e entidades da última tempada, na que haberá representantes da Federación Galega. Así, a nadadora Carla Goyanes García do C. N. Galaico e bolseira do CGTD recibirá a medalla extraordinaria ao mérito deportivo polo subcampionato de europa júnior en augas abertas. Tamén o xogador galeo de wáter-polo Oscar Montes, polo subcampionato do Mundo sub-18.

Ademais, recibirán medallas de servizos distinguidos, tres árbitros do CGA: Elena Sánchez de Paz en categoría de ouro, Marta Estévez Santos e Patricio Sánchez Fernández en categoría de bronce.

Ler máis.