Concentración nacional de wáter-polo cadete feminino

20181001_wat_conc_cade_fem

Entre o 28 e 30 de setembro realizouse unha convocatoria do equipo nacional feminino cadete de wáter-polo dentro do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva. Galicia tivo como representantes á xogadora do C. W. Pontevedra, Andrea Andión Valiñas, e como técnica a adestradora do C. N. Coruña , Henar de Pablos Fernández.

Durante 3 días realizaron diferentes adestramentos e puideron ver a final da Supercopa de España Feminina entre o C. N. Sabadell e o C. N. Sant Andreu.