Final IV Copa España de Augas Abertas

20181001_aua_sel_esp_aa

20181001_aua_sel_gal_aa

O domingo disputouse en Benidorm a Final da IV Copa de España de Augas Abertas con ampla participación galega. Por unha banda, a primeira participación dunha Selección Galega con 9 deportistas, e por outra, a participación de outros tres coa Selección Española.

Na proba de Benidorm, sobre unha distancia de 5,5 km, o máis destacado foi a vitoria en categoría feminina de María de Valdés do C. N. Liceo, Carla Goyanes do C. N. Galaico sexta e Paula Otero do C. N. Liceo décima.

Na categoría masculina, Gaspar Andrade do C. N. Arzúa foi sexto e Alex Lages do C. N. Riveira décimo.

Na clasificación final da Copa de España, María de Valdés foi a vencedora absoluta, Carla Goyanes foi segunda en categoría júnior-1 e Laura Rodríguez do C. N. Ponteareas, quinta en júnior-2.

En categoría masculina, Gaspar Andrade foi cuarto absoluto, Pablo Cabana do C. N. Ponteareas foi quinto en categoría infantil e Alex Lages, sexto en categoría júnior-1.

Web dos resultados.