María de Valdés, Gaspar Andrade e Pablo Galán, co Equipo Nacional de Augas Abertas

A nadadora María de Valdés do C. N. Liceo e os nadadores Gaspar Andrade do C. N. Liceo e Pablo Galán do C. del Mar e bolseiro do CGTD, están convocados co equipo nacional de augas abertas para participar na etapa final da IV Copa de España de Augas Abertas que se disputa en Benidorm.

A esta actividade tamén está convocado Jesús de la Fuente, adestrador do C. N. Liceo como integrante do cadro técnico.