Circuíto Galego de Augas Abertas

Miguel Martínez do Real C. Náutico de Vigo e Ana Veiga do C. del Mar, vencedores absolutos do XV Circuíto Galego de Augas Abertas - Travesías a nado 2018.

Unha vez disputadas as 11 probas de que constaba o circuíto, en categoría absoluta feminina a vencedora foi Ana Veiga do C. del Mar por diante de Laura Rodríguez do C. N. Ponteareas e Lucía Cal do Real C. Náutico de Vigo.

En categoría absoluta masculina, o vencedor foi Miguel Martínez do Real C. Náutico de Vigo, seguido de Gaspar Andrade do C. N. Arzúa e Martín López do C. N. Riveira.

Na clasificación absoluta por clubes o RCN Vigo e o vencedor da categoría feminina e o CN Ponteareas o vencedor da categoría masculina.

A entrega de trofeos aos gañadores das clasificacións absolutas realizarase no Campionato Galego de Longa Distancia.

En máster, os vencedores en cada unha das cada categorías foron:

Vanesa Pillado do C. N. Riveira en máster 1.

Mª José Regueira do C. N. Riveira e Denis Pexegueiro do USC en máster 2.

Mª Cristina Calviño do C. N. Ponteareas e Rudy Carlos Palamedi do A. D. Fogar en máster 3.

Na clasificación máster por clubes, o CN Ponteareas e o vencedora na categoría feminina e o CN Riveira na categoría masculina.

A entrega de trofeos aos gañadores das clasificacións máster realizarase no Campionato Galego Máster de inverno.

Ler máis.