Concentración preparatoria Cto Mundial júnior-infantil de Augas Abertas

Catro dos cinco nadadores clasificados para o Campionato do Mundo júnior-infantil de augas abertas que se disputa en setembro, están convocados para unha concentración de preparación en Lanzarote. A esta concentración que terá lugar do 6 ao 12 de agosto, acudirán Andrea Domínguez do CN Ponteareas, Carla Goyanes do CN Galaico, Ane de la Fuente do CN Liceo e Alex Lages do CN Riveira.

Ademais estarán formado parte de cadro técnico Andrés Carrera, adestrador do CN Ponteareas e Fernando Zarzosa, adestrador do CGTD.