Oscar Montes, subcampión do Mundo Xuvenil

O xogador de wáter-polo galego Oscar Montes formado no Club Marina Ferrol, proclamouse coa Selección Española subcampión no Campionato do Mundo Xuvenil disputado na cidade de Szombathely (Hungría). A selección española sub-18 venceu a seleccións tan potentes como Hungría ou Croacia, sendo derrotada na final por Grecia (8-9).

Oscar acada un novo éxito na súa carreira deportiva sendo un claro referente do wáter-polo galego.