Circuíto Galego de Augas Abertas

Esta fin de semana disputáronse dúas probas do Circuíto Galego de Augas Abertas.

O sábado, a Travesía Concello de Arteixo na que os vencedores absolutos foron os nadadores do RCN Vigo Miguel Martínez e Lucia Cal.

En categorías máster os vencedores foron: Valentina Capelli do USC (M1), Denis Pexegueiro do USC e Mª José Regueira do CN Riveira (M2), Rudy C Palamedi do AD Fogar e Mª Cristina Calviño do CN Ponteareas (M3).

O domingo, unha das probas históricas, a XL Travesía el Corte Inglés en Vigo na que os vencedores absolutos foron Hugo Ribeiro do CN Riveira e Andrea Domínguez do CN Ponteareas.

En categorías máster: Valentina Capelli do USC (M1), Fernando Vicente do CN Vilagarcía e Mª José Regueira do CN Riveira (M2), Manuel V. Fernández do CN Riveira e Mª Cristina Calviño do CN Ponteareas (M3).