Etapa 4 da LEN CUP Navia

Esta fin de semana disputouse unha dobre proba internacional de augas abertas en Navia (Asturias) con representación de nadadores galegos co equipo nacional.

O sábado era a 4ª etapa da LEN CUP sobre unha distancia de 10 km na que Carla Goyanes do C. N. Galaico e bolseira do CGTD foi cuarta. Ane de la Fuente do C. N. Liceo foi oitava.

Na categoría masculina, Gaspar Andrade do C. N. Arzúa e bolseiro do CGTD acadou o posto 14.

O domingo disputouse o LXI Descenso Internacional a nado sobre unha distancia de 5 km no que, en categoría feminina, Ane de la Fuente foi seguiunda e Carla Goyanes quinta.

Na categoría masculina, Gaspar Andrade foi décimo e Alex Lages do C. N. Riveira e bolseiro do CGTD acadou o posto 14.