Xornada 4 do Cto. de España de Natación Infantil de Verán

20180729_nat_paula_otero_carlos_souto

Rematou o XL Campionato de España de Natación Infantil de verán en Madrid con dúas novas medallas e unha MMG para nadadores galegos.

Paula Otero Fernández do C. N. Liceo acadou o seu quinto título de campioa de España infantil (14 anos), esta vez nos 400 libre con un tempo de 4:22.62 que supón ademais unha nova MMG. Carlos Souto Vilas do C. N. Liceo e bolseiro do CGTD proclamouse campión de España en 200 braza (15 anos) con un tempo de 2:28.15.

Outros nadadores finalistas foron:

Amalia Blas Rodríguez do C. N. Liceo, foi cuarta en 400 libre (14 anos) con 4:30.53.

Raquel Cando Santos do C. N. Portamiñá foi décima en 400 libre (15 anos) con 4:31.68 nas eliminatorias.

Ana Cernadas González do C. Fluvial de Lugo foi quinta en 50 libre (14 anos) con 27.85.

Eva Feijoo Gómez do C. N. Pabellón Ourense foi sétima en 50 libre (14 anos) con 27.87.

O equipo de remudas de 4x200 libre feminino do C. N. Liceo foi quinto con 8:47.30.

Na clasificación final por clubes, o C. N. Liceo foi cuarto en categoría feminina.

Acceso á web do campionato.