O RCN Vigo, terceiro no Campionato de España de Natación Artística Infantil de 2ª división

20180723_art_cto_esp_infa_rcnv

O RCN Vigo acadou a terceira posición na clasificación final de clubes do I Campionato de España de Natación Artística Infantil de 2ª división de Verán disputado en Reus, con un total de 29 clubes. Tamén participaron outros dous clubes galegos, o C Sincro Pontevedra e C Sincro Ferrol.

Destacaron o 8º posto de Laura Yague Quiroga e Carmen Borrajo Ruiz, do RCNV, en solo. En dúos, tamén do RCNV destacaron Laura Yague e Laura Gómez 7º posto, e Carmen Borrajo e Candela Fidalgo 9º posto.

En rutina de equipo, o RCN Vigo foi 7º e C Sincro Pontevedra 13º, e en combo, RCN Vigo foi 13º e C Sincro Pontevedra 16º.

Acceso á web do campionato.