Xornada 4 do Cto. de España de Natación Alevín de Verán

20180723_nat_cto_esp_pablo_cabana

20180723_nat_cto_esp_alicia_carron

Dúas novas medallas e unha MMG dos nadadores galegos na derradeira xornada do VI Cto España Alevín de Sabadell.

Pablo Cabana del Amo do C. N. Ponteareas acadou a súa terceira medalla no campionato, esta vez co segundo posto nos 400 libre (14 anos) cun tempo de 4:16.23 o que supón ademais unha nova MMG.

Alicia Bouzas Pedreira do C. N. Galaico foi terceira en 400 libre (13 anos) con 4:39.19.

Outros finalistas foron:

Julia Rodríguez Alonso do Real C. Náutico de Vigo, sexta en 200 estilos (13 anos) con 2:33.18.

Carla Carrón Muiña do C. N. Arzúa, sexta en 400 libre (13 anos) con 4:40.69.

Acceso á web do campionato.