Cto. España de Wáter-polo Cadete Feminino

20180709_wat_cto_esp_cade_fem_cw_pontevedra

A pasada fin de semana disputouse en Sabadell o Campionato de España de Wáter-polo Cadete Feminino, onde Galicia tivo, por segunda vez na súa historia representación. Se o ano pasado participou un combinado galego, este ano foi o C. W. Pontevedra, xunto con 4 xogadoras cedidas por equipos da comunidade (Real C. Náutico de Vigo, C. N. Coruña e Asoc. Coruñesa de Waterpolo), o encargado de representar a Galicia. As xogadoras comezaron contra a Escola Waterpolo Zaragoza, onde despois dun comezo igualado caeron derrotadas por 11-4. Posteriormente enfrontáronse ao C. N. Sabadell, equipo superior cuxo equipo absoluto é a base da selección española, caendo derrotadas por un claro 21-1. A terceira posición de grupo levounas a xogar polas posicións 9º-12º, contra o equipo madrileño C. N. Catro Caminos, no que despois dun partido igualado, foi derrotado por 5-6. O último partido do campionato, a súa final particular, foi contra o C. W. Dos Hermas de Andalucía, onde despois dun partido moi igualado no que foron por diante as galegas durante gran parte do encontro, as andaluzas conseguiron forzar a quenda de penaltis despois de empatar a 6 goles, quenda que foi favorable para o C. W. Pontevedra, obtendo desa forma a 11ª posición. O máis destacable é a aposta dos clubs e a federación polo wáter-polo feminino, onde desde hai 3 anos está a participar no Cto. de España Infantil Feminino de CCAA, e desde o ano pasado no Cto. de España Cadete de Clubes, do mesmo xeito que participando nas fases de ascenso. Esta aposta está a crecer ano a ano e ofrecendo moi boa imaxe de fronte ao exterior, como así nos fan chegar. Parabéns ao C. W. Pontevedra e ás xogadoras dos clubes representados, Real C. Náutico de Vigo, C. N. Coruña e Asoc. Coruñesa de Waterpolo, porque está aposta terá os seus froitos en anos posteriores.

Acceso á web do campionato.