Cto. de España de Wáter-polo Infantil

20180702_wat_cto_esp_infa

O pasado fin de semana disputouse en Elxe o Campionato de España de Wáter-polo Infantil Mixto, onde Galicia tivo como representante o C. W. Pontevedra. O C. W. Pontevedra comezou contra o C. N. Molins de Rei, equipo catalán que ao cabo sería gañador do campionato, caendo derrotado por 2-12. O segundo partido foi contra o C. N. Xarda, onde despois de empatar a 8-8 no tempo regulamentario, os penaltis caeron a favor dos de Ceuta. Os cruces levaron ao equipo galego a xogar contra o Urbat, equipo da liga Vasca, con vitoria por 7-5, o que levo a xogar contra o C. W. Elxe, gañando no último segundo por 10-11. Por último, esperábanos o equipo Balear, Gymnapolis Soller, con vitoria 10-4, quedando nunha posición final de 17º de 24 equipos.

Ler máis.