Cto. de España de Wáter-polo Xuvenil 2ª categoría

20180702_wat_cto_esp_xuve

A pasada fin de semana disputouse nas Palmas o Campionato España de Wáter-polo Xuvenil 2ª categoría, onde Galicia tivo como representante ao Club Waterpolo Pontevedra. O formato de competición foi de 2 grupos de 5 en forma de liga, todos contra todos. O equipo galego comezou contra o Stadium Casabranca, con derrota por 10-6. A continuación xogaron contra o C. W. Murcia, caendo derrotado por un axustado 7-5. O C. W. Marbella foi o seguinte rival, levándose o partido por 14-7. O último partido de grupo foi contra o C. N. Metropole, con derrota por 18-6. O domingo o cruzamento foi contra Lautada waterpolo, quedando 8-4 en contra e por tanto obtendo unha 10ª posición. A pesar dalgúns resultados adversos, a imaxe do C. W. Pontevedra foi moi boa, competindo contra rivais cunha maior densidade competitiva desde categorías inferiores, e superiores fisicamente.

Ler máis.