Andrea Andión convocada pola RFEN

20180509_wat_andrea_andion

A xogadora Andrea Andión Valiñas do CW Pontevedra está convocada para participar nunha concentración do plan nacional de tecnificación deportiva de wáter-polo de categoría infantil, que se celebra no CAR de Sant Cugat (Barcelona) do 11 ao 13 de maio.

A esta actividade tamén está convocada Sara Fernández Moreno, adestradora do CN Coruña como integrante do cadro técnico.