María de Valdés, Ane de la Fuente e Gaspar Andrade co equipo nacional de Augas Abertas

As nadadoras do C. N. Liceo, María de Valdés Álvarez e Ane de la Fuente Fiaño, e o nadador Gaspar Andrade Budiño do C. N. Arzúa e bolseiro do CGTD, están convocados para participar nunha concentración co equipo nacional absoluto e júnior de augas abertas, que se celebra do 5 ao 12 de maio en Lanzarote.

A esta concentración tamén están convocados como integrantes do cadro técnico, Carlos Guzmán adestrador do CN Liceo e Fernando Zarzosa adestrador do CGTD.