Paula Otero e Amalia Blas co Equipo Nacional Infantil de Natación

20180423_nat_amalia_blas_paula_otero

As nadadoras do CN Liceo Paula Otero Fernández e Amalia Blas Rodríguez están convocadas co equipo nacional infantil de natación para participar nunha concentración de preparación xeral que terá lugar do 28 de abril ao 5 de maio no C.A.R Los Alcázares de Murcia.