O CW Pontevedra, no Campionato de España Feminino de 2ª División

20180419_wat_cw_pontevedra

O equipo feminino do C. W. Pontevedra que se proclamou Campión da Liga Galega de Wáter-polo Feminina vai disputar do 4 ao 6 de maio o campionato de España de segunda división feminino. Os clubes participantes neste campionato están divididos en dous grupos e o campión da cada grupo xogará a vindeira tempada en primeira división. O equipo pontevedrés quedou encadrado na zona 2 que se disputa en Alcorcón (Madrid).

Ver programa do campionato.