Tecnificación Natación Artística

20180409_sin_tecnificacion_01

20180409_sin_tecnificacion_02

Esta fin de semana realizouse unha nova xornada de tecnificación de natación artística, impartida pola responsable do proxecto Irina Rodríguez. O sábado na sesión de tarde iniciáronse as xornadas coa categoría pre- alevín na piscina do Real Club Náutico de Vigo. O domingo, en sesión de mañá no CGTD celebrouse a sesión de traballo coa categoría alevín e en sesión de tarde no RCNV coa categoría Infantil. Outro fin de semana de gran traballo, grazas á achega dos coñecementos da responsable do proxecto previa á segunda xornada da liga Galega de Figuras de Nivel.