Xornada 2 do Cto. de España de Natación Absoluto OPEN e Júnior de Primavera

Dúas novas medallas na segunda xornada do Cto. España OPEN.

Águeda Cons Gestido do CN Galaico e bolseira do CGTD acadou a súa segunda medalla en categoría absoluto-mozo, esta vez segunda en 400 libre, oitava absoluta, con 4:19.03 . Tamén participou na final B de 100 libre na que acadou o posto 16 con 59.41.

Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa e bolseiro do CGTD foi terceiro en 1500 libre categoría absoluto-mozo con 15:46.25, acadando o posto 11 na categoría absoluta.

Outros nadadores destacados foron:

Sergio Campos Varela do CN Coruña e bolseiro do cGTD foi cuarto na final de 100 costas con 56.43. Ademais clasificouse para as semifinais de 100 libre nas que acadou o noveno posto con 51.27.

María de Valdés Álvarez do CN Galaico foi sétima aben 400 libre con 4:17.50.

Marcos García Soto do CN Ferrol e bolseiro do CGTD clasificouse para as semifinais na proba de 100 libre con un tempo de 52.22 nas que acadou o posto 24.

Carla Goyanes García do CN Galaico e bolseira do CGTD acadou o posto 15 na final absoluta de 200 bolboreta con 2:21.08.

Miguel Martínez Novoa do RCN Vigo clasificouse para as semifinais absolutas de 200 bolboreta con un tempo de 2:08.21 nas que acadou o posto 22.

Marcos García Garay do C del Mar e bolseiro do CGTD clasificouse para as semifinais de 200 bolboreta nas que acadou o posto 14 con 2:07.82.

Alba Gómez Mesias do CN Arteixo e bolseira do CGTD clasificouse para as semifinais de 200 braza nas que acadou o posto14 con 2:38.77.

Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa e bolseiro do CGTD acadou o posto 11 en 1500 libre absoluto con 15:46.25.

Manuel Davila Lustres do CN Riveira acadou o posto 13 en 1500 libre absoluto con 15:59.14.

Manuel Tome Sanlés do CN Riveira e bolseiro do CGTD acadou o posto 15 en 1500 libre absoluto con 16:06.01.

Acceso á web do campionato.