O CW Pontevedra, campión da Copa de Wáter-polo Absoluta Masculina

20180408_wat_copa_gal_abso_mas

O CW Pontevedra proclamouse campión da Copa Galega de Wáter-polo Absoluta Masculina ao impoñerse na final ao CW Santiago (11-8). A competición que tivo lugar na piscina Rosario Dueñas de Ourense comezou coa disputa dos cuartos de final nos que o C Marina Ferrol impúxose por penaltis ao CW Pabellón Ourense e o CN Coruña venceu ao RCN Vigo. Nas semifinais, o CW Santiago derrotou ao C Marina Ferrol (12-9) e o CW Pontevedra ao CN Coruña (14-10).

Ler máis.