Xornada 1 do Cto España Absoluto OPEN e Júnior de Primavera

20180408_nat_cto_esp_abso_juni_pri

Tres medallas na primeira xornada do Campionato de España de Natación Absoluto Open e Júnior de Primavera que se celebra en Málaga do 7 ó 11 de abril de 2018.

María de Valdés Álvarez do CN Liceo foi terceira absoluta en 800 libre con 8:42.93.

Marcos García Soto do CN Ferrol e bolseiro do CGTD foi terceiro en 50 bolboreta absoluto con 24.20 en semifinais.

Águeda Cons Gestido do CN Galaico e bolseira do CGTD foi primeira en 800 libre absoluto-mozo (cuarta absoluta) con 8:43.04 acadando a mínima para os Xogos Olímpicos da Xuventude YOG-2018 de Buenos Aires. Tamén participou nos 100 libre acadando as semifinais con 59.03.

Outros resultados destacados foron:

Alba Gómez Mesias do CN Arteixo e bolseira do CGTD acadou o posto 15 en 50 braza absoluta con 34.22.

Carla Goyanes García do CN Galaico e bolseira do CGTD foi 17 en 200 bolboreta absoluta con 2:20.59.

Sergio Campos Varela do CN Coruña e bolseiro do CGTD, clasificouse para a final de 100 costas con 56.65 en semifinais.

Manuel Tomé Sanles do CN Riveira e bolseiro do CGTD foi 7º na final absoluto-mozo con 4:01.92.

Ane de la Fuente Fiaño do CN Liceo foi quinta en 800 libre júnior (posto 15 absoluto) con 8:57.63.

Acceso á web do campionato.