Xornada 4 do Cto. España de Natación Infantil de Inverno

20180328_nat_cto_esp_infa_inv_carla

20180328_nat_cto_esp_infa_inv_paula

Dúas medallas e unha MMG na derradeira xornada do Cto. de España Infantil de Pontevedra.

Carla Faro Martínez do CN Ponteareas foi terceira en 200 estilos con 2:24.77. Amais acadou o posto 12 en 100 bolboreta con 1:07.18.

Paula Otero Fernández do CN Liceo foi terceira en 400 libre con 4:27.05 establecendo unha nova MMG de 14 anos e nadando por debaixo da mínima para a Copa COMEN. Tamén nadou 200 estilos, proba na que se clasificou para a final B cun tempo de 2:30.48.

Outros nadadores que acadaron postos nas finais foron:

Eva Feijoo Gómez do CN Pabellón Ourense, posto 12 en 50 libre con 28.00.

Ana Cenadas González do C Fluvial de Lugo, posto 13 en 50 libre con 28.01 en eliminatorias.

Igor Arce Rodríguez do CDN Cidade de Santiago, posto 13 en 100 bolboreta con 59.53.

Amalia Blas Rodríguez do CN Liceo, foi sexta en 400 libre con 4:28.72, nadando por debaixo da mínima da Copa COMEN.

Raquel Cando Santos do CN Portamiñá foi novena en 400 libre con 4:34.08 en eliminatorias.

Pablo Galán Vicente do C del Mar e bolseiro do CGTD foi cuarto en 400 libre con 4:10.28.

Juan González Tizón do CN Coruña foi sétimo en 400 libre con 4:11.47.

Martín Pardo Pernas do C Fluvial de Lugo acadou o posto 17 en 400 libre con 4:16.81 en eliminatorias.

Acceso á web do campionato.