Wáter-polo World League

Novo acontecemento de Wáter-polo de gran nivel o que se puido vivir en Galicia. A Selección Española Feminina de Wáter-polo disputou o partido correspondente á 5ª xornada da fase preliminar da World League, onde nesta ocasión xogaba como local fronte a Hungría. A piscina Rías do Sur puido ver un intenso partido cun marcador alterno, onde ningún equipo conseguía distanciarse. Cando todo parecía que a vitoria ía para España, a cal gañaba de 2 goles de diferenza a pouco do final, as Húngaras conseguiron un gol e tras un fallo defensivo do noso equipo nacional, e conseguiron empatar a falta de 4 segundos. Isto levounos á quenda de penaltis (2 puntos para o gañador e 1 para o perdedor) na que unha gran actuación da porteira Laura Ester, a que detivo 2 lanzamentos, fixo que a vitoria caese ao lado Español. Con isto ponse fin a unha serie de acontecementos a nivel de wáter-polo na nosa comunidade autónoma, o cal servirá, non soamente a Pontevedra que foi onde se realizou todo, senón a toda Galicia para promover e visualizar un deporte cada vez máis practicado e cunha gran importancia da categoría feminina.