Xornada 4 do Cto. España Water-polo Infantil por CCAA

20180325_wat_cto_esp_infa_ccaa_02

O Wáter-polo Galego pode estar orgulloso dos seus representantes no Campionato de España de Wáter-polo Infantil Masculino e Feminino celebrado en Madrid do 22 ao 25 de marzo.

A xornada do domingo, onde se disputaban as posicións finais comezou coa sección masculina, na loita pola 7ª-8ª praza, fronte a Navarra, obtivemos a vitoria por 8-4, finalizando o campionato de 7ª posición, o que supón un ano máis quedar da metade cara arriba, o que ten moito mérito tendo en conta a nosa densidade competitiva e a falta de clubes próximos a nivel xeográfico, os mozos realizaron un moi bo torneo.

En canto á selección feminina, hoxe tiñan a difícil tarefa de xogar fronte ao País Vasco, selección forte, que conta na súa comunidade con moitas licenzas femininas de categorías e están a realizar un bo traballo, a pesar diso nosas xogadoras plantáronlle cara e finalizaron con derrota por 7-4, quedando en 6ª posición. Soamente o feito de participar con ambas as seccións xa é un triunfo e esforzo dos nosos clubes e aposta da Federación por esta especialidade, pero aínda así tamén conseguen competir contra calquera selección, mostrando o progreso do noso wáter-polo.

Felicitamos aos nosos/as xogadores/as, Patricia, Isabel, Andrea, Elena, Iria, Noa, Carla, Izaskun, Rocío, Amanda, Africa, Paula, María, Alejandro, Marcos, Hugo, Raúl, Diego Camba, Gabriel, Anxo, Álvaro, Mateo, Fernando, Diego Paz, Roberto e Iván. E por suposto aos adestradores que acompañaron e estiveron á beira dos deportistas en todo momento Xavi, Sara e Andrey, pola súa colaboración e predisposición.

Acceso á web do campionato.