Xornada 3 do Cto. España Water-polo Infantil por CCAA

20180325_wat_cto_esp_infa_ccaa

A terceira xornada do Campionato de España de Water-polo Infantil Masculino e Feminino por CCAA comezou co partido que enfrontaba á selección masculina con Aragón por un posto nas semifinais. Non se puido repetir o éxito do ano pasado e entrar na loita polas medallas, pero si deixaron unha mui boa imaxe fronte a unha potente selección que máis tarde se clasificaría para a final. A derrota con Aragón foi 8-2. Pola tarde, na loita polas posicións 5ª a 8ª contra Canarias, derrota por 5-15 o que leva a xogar na xornada de hoxe contra Nacarra polos postos 7º e 8º ás 12:00.

A selección feminina, de menos a máis neste campionato, acadou a sua segunda vitoria fronte a Murcia, nun partido no que foron superiores e conseguiron a vitoria por 0-10. Na xornada de hoxe xogarán contra o Pais Vasco ás 13:00.

Acceso á web do campionato.