Xornada 3 da Final Euro Cup Feminina de Wáter-polo

20180325_wat_euro_cup_feminina

A I LEN Europa Cup disputada en Pontevedra, deixou onte a derradeira xornada na que se decidiron as medallas. A xornada comezou co partido polo bronce que enfrontaba ás seleccións de Holanda e España, no que o equipo nacional co apoio do público galego, acadou a vitoria por 9-3 e así, a medalla de bronce. Despois disputouse a final entre as seleccións de Grecia e Rusia no que as gregas acadaron unha vitoria pola mínima 9-8 e polo tanto, a medalla de ouro.

Un dos aspectos a destacar é o gran impacto a nivel wáter-polo que está a ter este evento en Galicia xa que axuda a dar visibilidade a un deporte minoritario e crear afección entre o público en xeral e os máis novos en particular.

Acceso á web dos resultados.