Xornada 2 do Cto. España Water-polo Infantil por CCAA

20180324_wat_cto_esp_infa_ccaa

Boa segunda xornada de competición para as seleccións galegas no Campionato de España Infantil por CAA que se está celebrando en Madrid.

Os primeiros en xogar foron os rapaces cun importante encontro ante Murcia co obxectivo de entrar nos cuartos de final e cun resultado favorable de 10-5, acadando así unha das metas. Pola tarde xogaron contra os anfitrións, a selección de Madrid, unha das favoritas ao título, cunha derrota por 12-2, quedando segundos de grupo. Na xornada de hoxe teremos que disputar un posto nas semifinais contra Aragón, ás 11:00.

As rapazas, pola súa banda comezaron xogando contra Madrid e perdendo por 11-1, o que era previsible. Pola tarde, acadaron un dos obxectivos marcados que era obter a terceira praza do grupo xogando contra Aragón, e conseguiron a vitoria despois de un axustado partido por 3-6. Na xornada de hoxe, ás 13:00 h disputarán un dos cruces contra Murcia.

Acceso á web do campionato.