O CW Pontevedra, Campión Galego de Wáter-polo Infantil

O CW Pontevedra proclamouse en Ferrol, Campión Galego de Wáter-polo Infantil Mixto de Inverno ao impoñerse na final ao CN Coruña (16-9). O terceiro posto foi para o Asociación Coruñesa de Waterpolo que venceu por penaltis no partido polo 3º e 4º posto ao C Marina Ferrol despois de empatar 7-7 ao remate do encontro. O quinto posto foi para o CW Santiago e sexto o RCN Vigo.

Ler máis.