IV Cto. de España de Natación en Idade Escolar por CCAA - CSD (Xornada 2)

20180318_nat_cto_esp_alev_csd_02

Sexto posto final da Selección Galega na clasificación total ao remate do IV Campionato de España de Natación en Idade Escolar (alevín) - CSD celebrado en Castellón, no que participaron un total de 17 comunidades. A clasificación quedou encabezada por Andalucía, seguida de Cataluña, Madrid, Valencia, Illes Balears e a continuación, Galicia.

Na categoría feminina ocupa o posto 9º e en categoría masculina o posto 5º.

No plano individual volveu a destacar Pablo Cabana del Amo, hoxe primeiro en 400 libre.

Acceso á web do campionato.