Tecnificación de wáter-polo

20180226_wat_tecnificacion_fem_mas

Intensa fin de semana para as Seleccións de wáter-polo galegas feminina e masculina. O Amarantus Aquatic Club de Portugal desprazouse ó Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra para realizar unha xornada de mañá e tarde onde cada equipo disputou 3 partidos. O equipo portugués viña con xogadoras e xogadores de maior idade, co obxectivo de ter enfronte a un rival superior fisicamente e obter o máximo rendemento na xornada. A pesar da diferencia de idade, os partidos estiveron moi igualados con alternancia no marcador, amosando unha evolución positiva de ambas seleccións e continuando a súa preparación para o Campionato de España que se disputará nun mes en Madrid. Agradecemos ó Amarantus Aquatic Club a súa visita e esperamos futuras colaboracións cos nosos veciños de Portugal.