Tecnificación de Wáter-polo

20180223_wat_concentracion_cade

O Director Técnico de Wáter-polo da Real Federación Española de Natación, Rafael Aguilar, estivo na xornada de onte no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, onde realizou un control de seguimento de xogadores de wáter-polo cadetes de Galicia. Deportistas de toda a xeografía galega tiveron a oportunidade de gozar desta visita e obter aspectos positivos das correccións de Rafa, mentres que o ex-seleccionador nacional tivo a oportunidade de observar a progresión do wáter-polo galego e o percorrido que pode ter continuando nesta liña e cambiando algunhas dinámicas.