IV xornada de tecnificación de wáter-polo

20180122_wat_tecificacion_x4

O sábado celebrouse na piscina de Santa Isabel en Santiago de Compostela a IV xornada de tecnificación masculina, que consistiu nun partido da selección norte vs sur. Os xogadores das dúas zonas de Galicia enfrontáronse nun partido amigable do que sairá unha primeira preselección galega na preparación do Campionato de España por CCAA do vindeiro mes de marzo.