Seis nadadores co Equipo Nacional de Augas Abertas

As nadadoras Ane de la Fuente Fiaño e María de Valdés Álvarez do CN Liceo, e os nadadores bolseiros do CGTD Alexandre Lages Brión do CN Riveira, Xabier Carneiro Viqueira do Club del Mar, Manuel Tomé Sanles do CN Riveira e Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa van a participar co Equipo Nacional de Augas Abertas o vindeiro día 2 de decembro na Copa Catalana de Fondo OPEN que se disputa en Terrassa sobre unha distancia de 5000 m. Tamén está convocado Fernando Zarzosa, adestrador do CGTD como integrante do cadro técnico.

Posteriormente, do 3 ao 9 de decembro participarán nunha concentración de preparación específica que terá lugar en Lanzarote.