Xabier Carneiro e Manuel Tomé co Equipo Nacional de Augas Abertas en Madeira

Os nadadores Xabier Carneiro Viqueira do C. del Mar e Manuel Tomé Sanles do C. N. Riveira, bolseiros do CGTD, están convocados para participar co Equipo Nacional Júnior de Augas Abertas no IV Madeira Island Internacional Swim Marathón que se disputa en Funchal (Madeira-Portugal) o 28 de outubro sobre unha distancia de 10 Km. Previamente participarán nunha concentración de preparación que terá lugar do 22 ao 27 de outubro, tamén en Madeira.

A esta convocatoria tamén acudirá Pablo Barros, adestrador do C. del Mar como integrante do cadro técnico.