Gaspar Andrade e María de Valdés, co equipo nacional de Augas Abertas a China

A nadadora María de Valdés Álvarez, nova incorporación do CN Liceo e o nadador Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa e bolseiro do CGTD, están convocados para participar co equipo nacional absoluto de augas abertas na 6ª etapa da copa do Mundo FINA. Esta proba vaise disputar o 15 de outubro en Chun'an no lago Qiandao (China) sobre unha distancia de 10 Km.