Distincións e recompensas RFEN 2017

A RFEN fai pública a relación de persoas e entidades ás que outorga distincións polos resultados acadados nas diferentes disciplinas ou por especiais servizos prestados e das que se fará entrega na Gala da Natación que se celebra en Madrid o vindeiro sábado 7 de outubro.

Nesta edición os integrantes da Federación Galega de Natación que serán distinguidos nas diferentes categorías son:

Placa 75 aniversario ao CN Coruña

Medallas extraordinarias ao mérito deportivo para deportistas medallistas en campionatos de Europa ou do mundo:

  • María Vilas Vidal do CN Riveira.
  • Águeda Cons Gestido do CN Galaico.
  • Oscar Montes Gómez, ex xogador de wáter-polo do C Marina Ferrol.

Medallas aos servizos distinguidos en categoría de bronce:

  • Carmen Vázquez Parcero, estamento de árbitros.
  • Alberto Cano Peláez, estamento de árbitros.
  • Luisa Domínguez Lago, estamento de técnicos.