Ane de la Fuente, Gaspar Andrade, Alex Lages e Manuel Tomé, na Copa de España de Augas Abertas

A nadadora Ane de la Fuente Fiaño do CN Liceo e os nadadores bolseiros do CGTD Gaspar Andrade Budiño do CN Arzúa, Alexandre Lages Brión e Manuel Tomé Sanles do CN Riveira están convocados co Equipo Nacional para participar na final da III Copa de España de Augas Abertas RFEN que se disputa o día 30 de setembro en Benidorm.

Desde o día 24 e até o mesmo día 30, estarán nunha concentración previa.

Nesta convocatoria tamén estará Fernando Zarzosa, adestrador no CGTD, como integrante do cadro técnico.