II Cto. de España de Sincro Alevín - Promoción de Verán

20170717_sin_cn_galaico_sincro_alev

20170717_sin_duo_cn_galaico_sincro

O CN Galaico acadou o segundo posto na clasificación final por clubes do II Campionato de España de Sincro Alevín - Promoción de Verán, disputado en Granollers. Na mesma clasificación por clubes, o C Sincro Ourense acadou o posto 14, o RCN Vigo o posto 17, C Sincro Pontevedra o posto 18 e C Sincro Ferrol o posto 28.

En figuras, destacan Sara Villanueva Martínez do C Galaico Sincro que foi medalla de prata e Andrea Pazos Blanco, tamén do C Galaico Sincro, bronce.

Estas mesmas nadadoras, en dúo acadaron a medalla de bronce. Ademais, en solo, Andrea foi sétima e Sara, 11ª.

Outros resultados destacados foron:

Lucia Logroño Sueiro do C Galaico Sincro, posto 13 en figuras.

Mercedes Domínguez e María Maquieira do C Galaico Sincro, posto 16 en dúo.

En equipo, o C Galaico Sincro foi 9º, C Sincro Ourense 13º, C Sincro Pontevedra 17º e RCN Vigo 18º.

En combo, o C Galaico Sincro foi 5º, C Sincro Ourense 8º, RCN Vigo 17º e C Sincro Pontevedra 21º.

Acceso á web dos resultados.