XXVIII Cto. de España Máster Verán Open

Os nadadores de clubes galegos acadaron numerosas medallas no XXVIII Campionato de España Máster de Verán OPEN disputado en Badajoz:

Ana González Alegre do RCNVigo, ouro en 50 libre e 50 braza e prata en 50 bolboreta.

Fco. Javier Herrero Simón do RCN Vigo, ouro en 200 estilos e 50 bolboreta, prata en 200 braza e bronce en 100 braza.

Mª Cristina García Colomo do CN Pabellón Ourense, ouro en 200 estilos e prata en 50, 200 , 400 libre e 400 estilos.

Manuel García Colomo do CN Pabellón Ourense, bronce en 400 e 800 libre.

Ana Mª Balado López do C Fluvial de Lugo, ouro en 50, 100, 200 braza e bronce en 200 estilos.

Ángela Gómez Doval do C Fluvial de Lugo, bronce en 800 libre, 200 e 400 estilos.

Edmundo Menéndez Fernández do C Fluvial de Lugo, ouro en 200 libre, prata en 100, 400 libre e bronce en 800 libre.

Mª Elisa Pichel García de Seárez do AD Fogar, ouro en 400 libre e prata en 800 libre.

Liliana Barja Barja do CN Traviesas, ouro en 50, 100, 200 costas, 400 estilos e prata en 200 bolboreta.

Iván Claudio Fernández Novoa do CN Traviesas, ouro en 100 bolboreta e prata en 50 libre, 50 bolboreta.

Román Sánchez Gordon do CN Traviesas, bronce en 800 libre.

Por último e aínda que como integrante do C Tenerife Másters, destacada actuación do que fora recentemente Presidente da Federación Galega, Carlos Bremón con catro ouros en 50, 100 bolboreta, 50, 200 libre e uha prata en 200 bolboreta.

Acceso á web do campionato.