Cto. de España de Wáter-polo Infantil Mixto

A pasada fin de semana disputouse en Castellón o Campionato de España de Wáter-polo Infantil Mixto por Clubes, onde Galicia tivo como representante ao Club Natación Coruña. O equipo Galego quedou encadrado no grupo A, xunto ao CW Murcia (derrota por 6-3), CW Castelló (derrota por 4-9) e CN Barcelona (derrota por 1-20). Os resultados dos primeiros partidos clasificaron ao CN Coruña para os postos 9º-16º, xogando o cruzamento contra o Urbat IKE (derrota por 4-16). Na loita polas 13º-16º, enfrontouse ao Lautada UP (derrota 6-8). No partido polas posicións finais, 15º-16º posto, xogaron contra o Stadium Casablanca (derrota 7-10) finalizando o campionato en 16º posición.

Malia os resultados adversos, a imaxe do CN Coruña foi moi boa, competindo contra rivais cunha maior densidade competitiva desde categorías inferiores, e superiores físicamente, xa que o equipo Galego xoga cun alto número de infantís de primeiro ano, e algún alevín.

Web do campionato.