Finaliza o Campionato de España Alevín e Infantil de Natación Artística en Pontevedra.
Os equipos alevíns de CN Sincro Ourense, CN Galaico e Sporting Casino pasan a competir en Primeira División Nacional e na categoría Infantil, CN Sincro Ourense, CN Galaico e RCN de Vigo
Clasificación final por equipos:
Categoría Infantil:
8º - CN Sincro Ourense
9º - CNA Galaico Pontevedra
14º - RCN de Vigo
27º - Sporting Casino
Categoría Alevín:
17º - CNA Galaico Pontevedra
19º - Sporting Casino
20º - CN Sincro Ourense
23º - RCN de Vigo
Resultados máis destacados:
Duo Míxto Infantil:
3º - CNA Galaico Pontevedra formado por Iván González , Mariña Calvo e Maira Pariente (reserva)
Figuras Masculino Infantil:
3º - Iván González de CNA Galaico Pontevedra e Bolseiro do CGTD.
Do 6 ao 8 de marzo, disputarase o Campionato de España de Fondo Máster na piscina de CN Metropole (Las Palmas de Gran Canaria)
Haber 383 inscritos, 226 homes e 157 mulleres de 98 clubes de toda España, de Galicia participarán 7 clubs
Presentación no Concello de Pontevedra do Campionato de España de Inverno de Natación Artística Alevín e Infantil que terá lugar do día 6 ao 8 de marzo na piscina de Rías do Sur. Contará con máis de 700 deportistas de ambas categorias. Dos 36 clubs participantes, 4 son galegos.
No acto estiveron:
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde do Concello de Pontevedra; Anabel Gulias, Concelleira de Deportes; Dª Alejandra Parada, presidenta do CNA Galaico Pontevedra; Juan Carlos Brión, Presidente da FEGAN, que acudiu representando á RFEN e a FEGAN; Blanca García-Señoráns, Directora Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en Pontevedra – Vigo, representando á Xunta de Galicia; Jorge Castro, Director Técnido de Rías do Sur; Serafín Piñeiro, xerente da Fundación Rías do Sur e as adestradoras de CN Galaico Pontevedra.
Hoxe, celebrouse a Segunda Xornada de Copa Galega de Natación Artística de Promoción na piscina do RCN de Vigo.
Categoría Infantil:
1º - Acuatic Oleiros - 102.5083 ptos
2º - Aguamarina Sincro - 91.6833 ptos
3º - Aguamarina Sincro 2 - 89.6431 ptos
Categoría Júnior:
1º - Acuatic Oleiros 2 - 100.0042 ptos
2º - Aguamarina- 98.6183 ptos
3º - RCN de Vigo - 65.9400 ptos
Categoría Máster:
1º - Ainhoa Lechuga de Sincro Ferrol
2º - Marta María Berges de CN Vigo Rías Baixas
Andalucía gañadora do Campionato de España por Federacións Autonómicas de Idade Escolar que se disputou este fin de semana na piscina de Inacua (Málaga).
Galicia obtivo o posto 6º das 17 comunidades participantes.
Destacar a Mellores Marcas Galegas de Hugo González (Náutico de Narón) en 50 - 100 bolboreta e 50 - 100 costas e de Iván Gómez (CN Cedeira) en 800 e 200 libre.
Clasificación TOTAL:
1º - Andalucía - 2.996,00 ptos.
2º - Cataluña - 2.730,50 ptos.
3º - Madrid - 2.728,00 ptos.
4º - Comunidad Valenciana - 2.491,50 ptos.
5º - Islas Baleares - 2.371,50 ptos.
6º - Galicia - 2.168,50 ptos.
A RFEN fixo pública a listaxe do técnicos que participaran no "Programa de Desarrollo de Entrenadores de Alto Nivel 2026 de la RFEN".
Dos 18 seleccionados, 4 son galegos: Luisa Domínguez (CGTD Pontevedra - FEGAN), Borja Álvarez (Adestrador do Fluvial de Lugo), Lucía Leiro (CN Arteixo) e Laura Aneiros (C Marina Ferrol).
O grupo realizará tres xornadas presenciales de formación, ademáis de asistir ao Congreso AETN 2026:
Dende mañá 27 de febreiro ata o 1 de marzo do 2026 disputarase o XII Campionato de España de Natación por Federacións Autonómicas de Idade Escolar - Consello Superior de Deportes en Málaga, na piscina de Inacua.
Galicia participará con 24 deportistas, 12 nenas e 12 nenos nados no 2013-2014.