Castrelo de Miño, acollerá a Etapa Final da Copa de España RFEN

20240423_nat_castrelo.jpg

O 21 de setembro, o Encoro de Castrelo de Miño (Ourense) será a sede da Etapa Final da IX Copa de España Open RFEN de Augas Abertas organizada pola RFEN Aquatics, a Federación Galega de Natación e o CN Pabellón Ourense, co apoio das institucións locais, Xunta De Galicia, Deporte Galego e Deputación de Ourense.

Concentración Altitud

20231116_nat_programaCSD

Mario Méndez, de CN Vigo Rías Baixas; Paula Otero, de CN Arteixo e María de Valdés, de CN Liceo, convocados para a Concentración de Altitud - CNE Málaga co Equipo Nacional Absoluto de Augas Abertas.

Terá lugar do 14 ao 28 de abril nas instalacións de Northern Arizona University en Flagstaff (USA).

Convocatoria.

Primera Etapa da copa do Mundo

20240324_nat_paulaotero.jpg

Carrerón de Paula Otero no 10K, na Primera Etapa da copa do Mundo, que liderou a proba ata os últimos minutos. Erros no avituallamiento e falta de experiencia nas Augas Abertas levarona a rematar no posto 15.

Hoxe participou no 4x1500 con moi bo resultado quedando a remuda a 10 centésimas do bronce.

Todos os resultados.

JJOO París 2024

20240118_nat_maria.jpg

Unha vez disputada a segunda competición clasificatoria (Q2 - Campionato do Mundo Absoluto 2024 / Doha) e de acordo cos criterios de selección, a RFEN fixo púbica a lista do Equipo Provisional seleccionado para os Xogos Olímpicos de París 2024.

María de Valdés de CN Liceo, seleccionada en Augas Abertas (8-9 de agosto).

Convocatoria.

María de Valdés 6ª no 5 K

20240207_nat_MariaValdes.jpg

Remata o Campionato do Mundo Doha 2024 de Augas abertas cuns excelentes resultados para a nadadora do CN Liceo, María de Valdés.

O domingo proclamábase subcampioa do mundo no 10 K, conseguindo asi o pase para os Xogos Olímpicos de París 2024.

Hoxe, no 5 K remataba no 6º posto cun tempo de 57:39.50.Parabéns !!!

Acceso á web dos resultados

María de Valés Subcampioa do Mundo e clasificada para París 2024

20240203_nat_maria.jpg

A nadadora do CN Liceo, María de Valdés fai historia nas Augas Abertas ao facerse coa medalla de prata no Campionato do Mundo Doha 2024 e conseguir asi clasificarse para participar nos Xogos Olímpicos de París 2024.

María participou no 10 K facendo un tempo de 1:57:26.90. Parabéns !!!!

Acceso á web dos resultados

María de Valdés Seleccionada para o Mundial de Doha 2024

20231207_nat_maria

A área de Natación e Augas Abertas da RFEN Aquatics deu a coñecer os equipos completos seleccionados para o Campionato do Mundo Doha 2024 do 3 ao 8 febreiro.

María de Valdés de CN Liceo seleccionada para participar nas Augas Abertas.

Convocatoria

Copa del Mundo World Aquatics – Etapa 5

20230726_nat_maria.jpg

Os días 2 e 3 de decembro disputarase a 5ª etapa da Copa do Mundo World Aquatics en Funchal (Oporto).

María de Valdés de CN Liceo, participará no 10 K. Acudirá co Equipo Nacional Absoluto de Augas Abertas.

Convocatoria

Equipo Nacional Absoluto de Natación e Augas Abertas

20231027_nat_Mario

Mario Méndez de CN Vigo Rías Baixas, convocado co Equipo Nacional Absoluto de Augas Abertas e Natación para participar na Concentración de Altura no CAR de Sierra Nevada (Granada) que terá lugar do 5 ao 28 de novembro.

Convocatoria

Campionato de Europa Júnior de Augas Abertas

20231001_nat_europeo

Finaliza o Campionato de Europa Júnior de Augas Abertas que se disputou en Corfú (Grecia), con duas medallas de prata para os galegos de CN Arteixo na proba de 4x1250 Mixto.

Mateo García (bolsero do CGTD) e Paula Otero formaron parte do equipo español que chegou a meta cun tempo de 54:22:5.

Mateo, tamén competiu no 10k, conseguindo un excelente 15º posto cun tempo de 2:02.51.4. Destacar tamén a participación de Inés Mourenza, de CN Portamiñá e bolseira do CGTD no 7.5 K. Inés no poido rematar a proba por un percance na segunda volta que lle impediu chegar.

Todos os resultados.