FEGAN - Aviso Legal.
De novo, presenza galega nos Comités Técnicos de European Aquatics, máximo organismo continental dos deportes acuáticos, tras o Bureau da devandita institución celebrado o sábado en Antalya-Turquía, coa presenza do presidente da RFEN Aquatics, Fernando Carpena, Patricio Sánchez renova no seu posto de Augas Abertas.
Ademais de ser árbitro nacional de natación e augas abertas -con experiencia internacional en Open Water FINA desde 2015-, é actualmente Vocal de Natación do Comité Nacional de Árbitros (CNA) da RFEN.
Debido a fenómenos metereolóxicos adversos, o Concello de Narón decreta o peche das instalacións municipais e suspensión de actividades, polo que a 1ª xornada da liga Galega de Clubs de 2D que se disputaba mañá na piscina da Gándara, APRÁZASE.
O club organizador informa da dispoñibilidade da instalación para celebrar a competición o vindeiro sábado 11 de novembro, que se non xorden inconvenientes, será cando se dispute.
Rematado o proceso electoral, Juan Carlos Brion Lema queda nomeado como novo Presidente da FEGAN.
Resolución despois da última reunión da Xunta Electoral onde se proclama a Juan Carlos Brion Lema como novo Presidente da FEGAN.
A Xunta Electoral ven de emitir resolución coa proclamación das dúas candidaturas provisionais á presidencia da FEGAN.
Tras a Asemblea Xeral da FEGAN celebrada no día de onte, decidín presentar a miña renuncia á Presidencia.
Esta decisión vén motivada pola non aprobación por parte da Asemblea das modificacións económicas elaboradas pola Xunta Directiva para endereitar economicamente o desaxuste motivado nas 2 últimas tempadas (balance negativo de 159.244 € ), pero compensado polas 4 anteriores do 2017 ao 2020 (balance positivo 190.566 € ). Tendo aínda unha marxe de manobra de 31.322€, que se non compensamos co orzamento do próximo exercicio, seguiremos con balances negativos levando á federación ao desequilibrio.
Como se poden imaxinar o desaxuste vén motivado en primeiro lugar, pola crise inflacionista destes dous últimos anos que lastra a economía de todos; en segundo lugar, polo rexeitamento para actualizar por parte da asemblea as cotas de participación en competicións de ámbito autonómico (desde 2013) e as licenzas (desde 2017); en terceiro lugar, polo aumento na contratación de persoal que dá servizo aos clubs (Adestradora e Directora Técnica de Natación Artística, Director Técnico de Natación e Responsable de Comunicación) que achegan valor a deportistas, técnicos e clubs da nosa comunidade. Por último, polo aumento das saídas coa Selección Galega a distintas competicións de ámbito estatal e internacional, buscando complementar a acción dos técnicos (pasamos de 2 saídas a 8 asumidas por esta federación).
Ao longo da devandita Asemblea, expuxen as partidas que debe-riamos modificar para alcanzar o equilibrio económico na tempada 23-24. O incremento orzamentario viría polo aumento de:
. 24.000 € aproximadamente a repartir entre os máis de 6.000 licenzas tramitadas a tempada pasada (o incremento supón a metade da subida da inflación desde o 2016).
. 12.000 € nos dereitos de participación a repartir entre os 58 clubs adscritos á FEGAN.
. 19.000 € en axustes dentro da propia federación e accións ou servizos que entendiamos temporalmente prescindibles.
. 19.000 € en incremento de recursos propios por parte da FEGAN.
A Asemblea considerou incrementar minimamente estas partidas, polo que me resulta imposible equilibrar o orzamento da próxima tempada sen recortar os servizos esenciais que prestamos na actualidade.
Por coherencia renunciarei á Presidencia da FEGAN ao longo da semana que entra e na maior brevidade posible convocaranse eleccións respectando os prazos legais.
Finalmente darvos as grazas a tod@s por todos estes anos que me permitistes presidir esta federación e desexarvos a tod@s moitos éxitos deportivos.
Prf. Dr. Carlos Fco. Touriño González
Manuel Castro e Patricio Sánchez, pertencentes ao Comité Galego Arbitral, no Campionato de Europa Júnior de Augas Abertas en Corfu (Grecia). Manuel como oficial internacional, e Patricio, como membro do comité técnico da LEN.
Convocatoria da Asemblea Xeral ordinaria 2023 que se celebrará o vindeiro sábado 14 de outubro ás 10:00 en primeira convocatoria, 10:30 en segunda, no Salón de Actos do Polideportivo de Elviña.
O venres 6 de outubro, terá lugar en Madrid a Gala da Natación Española, na que se premian os méritos a persoas e entidades da última tempada, na que haberá representantes da Federación Galega.
Recibirán medallas de servizos distinguidos:
No estamento de árbitros, Patricio Sánchez do CGA en categoría de prata.
No estamento de adestradores, Fernando Zarzosa, adestrador do CGTD, en categoría de bronce.
No estamento de deportistas, reciben medalla ao mérito deportivo por as medallas optidas no Campionato do Mundo Infantil de Natación Artística en Atenas 2023, Helena López (RCN de Vigo) e Daniela Suárez (CN Galaico). Estes premios non se otorgarán durante a Gala, senón ao rematar a tempada deportiva.
Resolución da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se publica a concesión das prazas para os grupos de tecnificación e de rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2023/24.